Segunda andaina polas terras de Guláns

presentacion-andaina-gulansA Asociación Cultural de Guláns xa ten preparada a segunda edición da “Andaina polas Terras de Guláns”, que terá lugar o vindeiro domingo 12 de abril a partires das nove da mañá. A presentación do evento tivo lugar na Casa Consistorial, onde os organizadores tiveron a oportunidade de explicar en persoa ao alcalde e ao concelleiro de deportes as particularidades desta edición.

Os participantes na andaina poderán escoller entre dous percorridos, un de 15 quilómetros e outro de 25. Nisio Soto e Roberto Domínguez, principais ideólogos e organizadores da proba, contan con superar a concurrencia da primeira edición, que rondou as 200 persoas.

A inscrición ten un prezo de 12 euros. É posible efectuar o pagamento por adiantado ou até media hora antes do comezo da andaina no lugar de saída da mesma, que estará situado no Centro Cultural de Guláns.

O percorrido contará con catro puntos de avituallamento. Todos os participantes levarán una camisola de regalo e terán a oportunidade de desfrutar dunha comida de callos e empanada ao finalizar.