Se queres xogar ao tenis, reserva pista!!!

 

 

 

 

A concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, recordalle á cidadanía que cada martes e xoves, en quedas de mañá e tarde, abrirán as pistas de tenis municipais sempre previa cita. A través da páxina web do Concello os e as usuarias deberán solicitar pista. Tan só poderán acceder aqueles ou aquelas que dispoñan de autorización.

Un operario do Concello desinfectará as instalacións antes de cada uso. Para solicitar pista de tenis tan só tes que premer nesta ligazón https://ponteareas.gal/reservapistas/