As rúas quedaron pequechas para acoller o Entroido 2017

O Concello de Ponteareas, en especial a Concellaría de Cultura e Lecer, quere expresar os seus parabéns a toda a organización e a veciñanza da vila pola elevada participación, calidade, orixinalidade e animación amosada polo conxunto das doce comparsas e carrozas. As rúas quedáronse pequenas para acoller toda a cor e diversión do Entroido 2017!