Roteiro polo río Uma este venres día 12

A oficina de voluntariado, Voltea, dependente da concellería de Benestar Social e Mocidade que dirixe Verónica Carrera, convídaos a participar no roteiro polo río Uma que ter´alugar o venres 12 de outubro ás 10 horas.

A saída será na ponte do Cabalón, en Angoares, e durará aproximadamente tres horas. Todos e todas os que precisen máis información deberán contactar no número de teléfono 687 764 516 ou no enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal