Ronco&Fol acompañarán este sábado á cacharela de Arcos dentro da programación do circuito cultural

A concellería de Cultura,que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a escoitar a música folk de Ronco&Fol este sábado 29 de xuño ás 21:30 horas na casa cultural de Arcos.

Esta é unha actividade enmarcada dentro do circuito cultural municipal.

Ronco&Fol acompañarán a noite máxica da cacharela de Arcos.