A concellería de Deportes, Nahir Covelo, participou na entrega de medallas do I Trofeo Agility Concello de Ponteareas, no que salientaron pola súa actuación os cánidos Ringo acompañado de Carlos Vázquez, Onza acompañada de Inés Freire e Pelusa acompañada de Brais Blanco.
Foron moitos os equipos participantes acadando a cifra de máis de 100 cánidos inscritos que ofreceron un auténtico espectáculo de habilidade e rapidez superando todo tipo de obstáculos en tempos moi reducidos.
Durante tres días a veciñanza puido desfrutar de balde deste entretido deporte grazas ao apoio da concellería de Deportes do concello de Ponteareas.
Na fotografía pode consultar o resultado das diferentes probas que se realizaron na xornada do sábado e do domingo.
Todos os resultados das diferentes categorías poden atoparse na seguinte ligazón
https://m.facebook.com/events/302741687300700?view=permalink&id=346487636259438