Dentro do Plan de actuacións que está a facer o Goberno municipal para mellorar a situación económica deste Concello, ademáis de facer un exhaustivo control dos gastos, está a revisión dos ingresos que trata non de sobrecargar os veciños con mais impostos, senon de lograr que todos paguen polos servizos que se lles prestan. Para elo o Goberno encargou fai uns meses o ORAL a revisión do padrón do lixo, co fin de detectar irregularidades no mesmo.
Despois de revisado todo o ámbito municipal do rural, detectouse que 1.854 unidades, entre vivendas e industrias, estaban sen dar de alta. Estas xa foron notificadas os titulares para a súa inclusión no padrón municipal, co fin de emitirlles o recibo correspondente dacordo coa ordenanza municipal, que na actualidade é de 46,90 euros o ano, que supón para cada vivenda e industria un pago o mes de 3,90 euros, polo servizo de recollida e tratamento do lixo.
Para elo dende ahí varias semanas habilitouse unha oficina para atención o público ata o 23 de agosto, nas dependencias municipais de servizos sociais, ubicadas na rua Oriente en Ponteareas, en horario de 9:00h a 14:00h, para que todos os que foron notificados poidan resolver calquer incidencia ou formular as alegacións que estimen.
Derivado desta revisión, ademais das 1.854 novas altas, tamén se produxeron 102 baixas e 568 modificacións que afectan principalmente a cambios de tarifa ou cambios de titular que figuraban no padrón cando os propietarios actuáis xa son outros, ben sexan herdeiros de titulares xa falecidos ou producidos por cambios de titularidade da propiedade
Segundo o Alcalde, Salvador González Solla, “este tipo de actuacións permiten mellorar a situación de ingresos do Concello sen incrementar os impostos os nosos veciños, porque somos conscientes da situación de dificultade que están a pasar moitos deles, e porque onde primeiro hai que traballar é detectando e solucionando aqueles propietarios que non pagan nada fronte os que sí o están a facer”