Reunión participativa para a reforma do parque infantil “de Mota”

A concellería de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, que dirixe Roberto Mera, convoca á veciñanza a unha reunión participativa para presentar a reforma do parque infantil ubicado entre a Castiñeira e a Avenida de Castelao, popularmente coñecido como “parque de Mota”.

O vindeiro martes día 4 ás 20 horas na sala multiúsos do auditorio municipal o alcalde Xosé Represas e o concelleiro Roberto Mera xunto aos técnicos que deseñarán a proposta someterán a consideración veciñal, especialmente dos pais e nais de nenos e nenas aos que vai dirixida esta instalación, a proposta na que tamén se inclúe unha reformulación dos accesos e dos viais que rodean o parque, motivo polo que é moi importante contar coa asistencia da veciñanza que utiliza eses viais.

Na reunión recolleranse tamén as opinións, suxestións e ideas da veciñanza que contribúan a definir o novo parque, cuxa reforma pretendemos executar neste ano 2020.