Represas valora positivamente o compromiso de Fomento pero estará vixilante

O Alcalde de Ponteareas valorou positivamente o compromiso de Fomento en relación coa circunvalación da localidade, pero advertíu que estará vixilante. 

Segundo Represas “poderemos saír de dúbidas nun prazo breve de semanas e comprobar se o anuncio feito por Fomento se verifica ou non”. 

Para o Alcalde e a Tenente de Alcalde, María Jesús Garrote, que tamén participou na reunión celebrada no día de onte co Director Xeral de Estradas, Javier Herrero no Ministerio de Fomento, é un avanzo importante que “por vez primeira se elabore un estudo que recollerá as características da actuación e o seu importe e ese estudo ten que entregarse en cuestión de semanas. Estaremos moi atentos e unha vez rematado o estudo esixiremos o orzamento necesario e a licitación das obras”. 

Represas apelou a “manter a unidade dos partidos e colectivos sociais nesta demanda. Unidos estamos logrando estes avanzos e conseguiremos que a circunvalación sexa unha realidade en lugar de propaganda, como aconteceu nos últimos 20 anos”.