Represas logra o compromiso da Confederación Hidrográfica para as obras da depuradora e un novo colector por 4,5 millóns de euros

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, ven de informar do compromiso acadado coa Confederación Hidrográfica para rematar co grave problema dos vertidos ao Tea pola insuficiencia da depuradora, cun investimento previsto de 4.500.000 de euros. O primeiro paso que confirma oficialmente este compromiso e a licitación para a redacción dos proxectos de mellora de saneamento no casco urbano e da EDAR da Moscadeira, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marzo do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil publicou no Boletín Oficinal do Estado do pasado sábado o anuncio de licitación do contrato de servizos de“Enxeñerías para o estudio de alternativas e a redacción de sendos proxectos para a mellora do saneamiento do casco urbano e aglomeracións limítrofes de Ponteareas e da EDAR de A Moscardeira” A información da licitación está disponible no perfil do contratante:www.contrataciondelestado.es. Clave: M1.336.009/0311 Expte: 27/18/DT/PA/SE.

O orzamento de licitación para a redacción dos proxectos ascende a 100,974,56, importe total con IVA, e trala axudicación do encargo do proxecto, que sucederá no mes de maio en base aos prazos de apertura de sobres das ofertas, o adxudicatario disporá de sete meses para presentar os proxectos, polo que con toda probabilidade a final de ano contarase cos proxectos para posteriormente licitar as obras.

As obras de mellora e ampliación da capacidade da depuradora da Moscadeira e de mellora da rede de saneamento no núcleo urbano e o seu entorno será financiada pola Confederación Hidrográfica, como mínimo nun 60% do seu coste con cargo ao programa europeo de Crecemento Sostible 2014-2020, tal como recolle nas suas previsións de investimentos con cargo ao citado fondo da Unión Europea.

Represas quixo recoñecer o compromiso do Presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Marín Muñoz, para solucionar este grave problema incluíndo esta actuación como unha das  prioridades da Confederación, “a ampliación da capacidade da depuradora máis que unha prioridade foi case unha obsesión persoal nos últimos dous anos, este é o resultado da iniciativa nese sentido máis tamén do entendemento con outras administracións para traballar conxuntamente” manifestou o alcalde de Ponteareas en referencia ás reunións de traballo mantidas co Presidente da Confederación Hidrgráfica, D. Francisco Martín e co director de Augas de Galicia, D. Roberto Rodríguez Martínez para a recuperación integral do Tea.

O alcalde tamén explicou que a EDAR situada na Moscadeira dispón dunhas instalacións que dende hai décadas resultan insuficientes para tratar o caudal que recibe, “no seu día non foi dimensionada para as necesidades reais de Ponteareas e as parroquias que podían conectarse á mesma. Para superar esta limitación da capacidade o estudo contempla propor alternativas e redactar os proxectos para a mellora do saneamento no casco urbano e aglomeracións limítrofes de Ponteareas e da depuradora. 

Realizarase unha análise da situación da rede de saneamento e de caudais de augas claras no núcleo urbano. Tamén fixará a súa atención nas filtracións que non deben ir á actual depuradora e teñen que ser encauzadas ao río Tea.

Este estudo permitirá dispor dunha completa información da rede de saneamento urbano da que se carece con planos xeoreferenciados nos que se indiquen arquetas, trazados, cotas, pendentes, materiais, conexión entre os diversos elementos tanto pluviais como fecais ou mixtas. O estudio planteará solucións a corto prazo para a separación de augas que non deben ir ao saneamento 

A depuradora existente foi construída no ano 1989 e no 2010 realizouse unha actuación menor de mellora do pretratamento pero xa nese momento a instalación recibía un caudal moi superior ao que podía tratar.