Reparto de mascariñas aos e ás traballadoras do tecido comercial

O Concello de Ponteareas comezou hoxe o reparto de mascariñas cirúrxicas para os e as traballadoras do tecido comercial de Ponteareas. En conversas con BANASTRA, centro comercial aberto, o Concello adquiríu as mascariñas a través da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e pequenas empresas de Galicia para que tanto os negocios do centro urbano como os que están abertos nas parroquias de Ponteareas dispoñan delas. 

A concellería de Promoción Económica explica que inicialmente se repartirán 12 mascariñas de uso diario por traballador/a para que poidan desempeñar as súas funcións estas dúas semanas. O Concello achegará mascariñas a tódolos comercios que siguen coa súa actividade.