Remata hoxe a Semana Europea de Mobilidade con clases de zumba na Praza Maior de Ponteareas coa colaboración de Insdega XXI, piscina municipal de Ponteareas. Será a partir das 12 horas.
A veciñanza poderá hoxe tamén desfrutar da exposición de bicicletas na rúa Esperanza “A Bici no Tempo” grazas á colaboración de “Bici Mecánica Toñi Porto”.
Durante todo o día haberá bicicletas a disposición da ciudadanía para utilizar no casco urbano.
A Semana de Mobilidade promove hábitos de vida saudables nos que poñamos en valor tódolos medios de transporte e de desprazamento colectivos.