Remata o proxecto do ERASMUS+KA2 que involucrou a máis de 600 alumnos e alumnas de Ponteareas

A concelleira en funcións de Ensino, Cristina Fernández, e as docentes Manuela Rodríguez do IES Barral, de Teresa Rodríguez do IES Val do Tea e de Beatriz Meijide do IES Pedra da Auga asistiron na fin de semana a reunión transnacional enmarcada no programa europeo ERASMUS + KA2 que se celebrou en Tuam (Galway-Irlanda). Con este encontro poñen fin a un proxecto no que máis de seiscentos estudantes achegáronse a lingua galega e ao gaélico para revalorizalas e afondar nas dúas culturas.

En Dublín a concelleira e as profesoras reuníronse coñeceron as novas instalacións do IES Archbishop McHale da vila de Tuam, condado de Galway e reuníronse ademais, coa coordinadora do proxecto Deirdre Foley, tamén con Miguel Losada para estudar futuras colaboracións e co asesor de educación da embaixada de España, Adolfo Carbón, o sábado.

Na súa viaxe aproveitaron para buscar contactos de centros que teñan como lingua estranxeira o castelán e poder así emprender proxectos conxuntos.

Cristina Fernández destaca a experiencia adquirida e as vivencias do compartido no intercambio entre as familias de Galway e as de Ponteareas.

Continuar apoiando proxectos nos que se colabore con centros de diferentes países está entre as miñas prioridades porque son positivos tanto para o alumnado como para o profesorado e no caso dos intercambios, mesmo para as familias sendo sempre unha boa fonte de aprendizaxe práctico”, explica a concelleira.

Todo este traballo está recollido en leccións que se poden consultar nunha app creada no marco do mesmo proxecto dispoñible cun código QR https://sites.google.com/view/irgalyogote/home

Ademais, o alumnado escribíu un libro que será editado nas vindeiras semanas, unha ficción que tamén será teatralizada e grabada en vídeo e que presentarán no decorrer da vindeira edición da Feira do Libro de Ponteareas.