Recuncho dos contos na axencia de lectura de Areas

25foto02_O próximo día 25 de abril ás seis da tarde terá lugar na Axencia de Lectua de Areas a actividade titulada “O recuncho dos contos” realizada polo grupo Pinga Teatro. Unha actuación pensada para todos os públicos, especialmente para os nenos a partir de catro anos. A contacontos interactuará co público asistente, cambiando os elementos do atrezo para variar o escenario en función de cada conto. Na sesión fomentáranse valores solidarios e culturais. Esta sesión de Cuentacuentos está organizada polo programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Pontareas. O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, quere animar a todos os nenos e nenas de Areas e arredores a achegarse ata a Axencia de Lectura para gozar desta actividade pensada para promover a lecutra nesta semana dedicada ao día do libro.