A Concellería de Consumo do Concello de Ponteareas que dirixe Dª. Mª. Soledad Valado Pérez, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (O.M.I.C.), recoméndalles aos vecinos que teñan en conta os consellos que se achegan a modo de díptico informativo, no momento das compras de carnaval.
Consulte co comerciante a posiblidade de cambiar o produto.
Recorde que todos os establecementos deben ter follas de reclamacións a disposición dos consumidores.
E esixa sempre tiket de compra ou factura, xa que é o seu comprobante. Tamén conserve a publicidade.
Se ten algún problema, diríxase ao establecemento onde o adquiriu e se non soluciona o problema, estamos na O.M.I.C. a súa disposición na rúa Oriente, 8 – Edificio Servicios Sociais- Tfno: 986.640.000. Ext: 2211 – e-mail: omic.ponteareas@xunta.es
O Entroido 2014 (178.0 KiB)
Diptico Entroido 2014 (414.9 KiB)