Recepción a deportistas ponteareáns destacados

No Concello de Ponteareas recibimos, en compañía do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, aos nosos talentosos deportistas: Melania Rodríguez, campiona do mundo de ‘Doble Mini Tramp’; Ainoa Posada, campiona de España de ‘Pump Track’, e o Club Leam Taekondo, que obtiveron 2 ouros, unha prata e 5 bronces no Open Internacional Cidade de Pontevedra.

Os seus logros elevan o nome do noso concello ao máis alto nivel do mundo deportivo. Moitos parabéns!