Punto de atención turística na Praza Bugallal

A concellería de Cultura e Turismo disporá nesta edición do Corpus dun punto de atención turística na praza Bugallal no que os visitantes atoparán toda a información precisa para desfrutar das alfombras florais e da programación cultural e festiva pero ademáis serán informados de todos os recursos e servizos que Ponteareas ofrece para os turistas. 
A concellería tamén ofrecerá atención personalizada con guías para grupos de visitantes para que poidan aproveitar ao máximo a súa estancia en Ponteareas.