A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas informa que xa están publicadas as listas de admitidos para as diferentes quendas do Campus Tea. Todos os interesados e interesadas poden consultalas na páxina web do concello de Ponteareas na pestaña “Ensino” Campus Tea.
https://ponteareas.gal/servizos/ensino/campus-tea/
Tamén veñen de publicarse as listas dos e das participantes no Verán Rural para o que aínda quedan prazas libres nas diferentes parroquias, Guláns, Moreira, Prado e Xinzo.
As listaxes poden consultarse tamén na páxina web do concello na pestaña “Bases Ensino”
https://ponteareas.gal/servizos/ensino/bases-ensino/
A concelleira de Ensino e Participación Cidadá, Cristina Fernández, agradece as familiaas a confianza depositada nos servizos municipais e agarda contribuir a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar ofrencendo un servizo no que os máis pequenos das familias aprenderán xogando.