Publicadas as bases para o concurso de Dirección do Conservatorio Municipal e da Escola de Música

A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, informa que hoxe o Boletín Oficial da provincia (BOPP) publica as bases que rexerán o concurso de méritos do posto de Dirección do Conservatorio Profesional de Música Municipal “Reveriano Soutullo” e da Escola de Música Municipal “Vila do Corpus”.

As bases publicadas hoxe establecen un prazo de quince días naturais a partir da súa publicación, sendo o vindeiro mércores día 24 de xullo o último día para presentar a documentación que terá que ser entregada no rexistro xeral de entrada da casa do concello.

As bases poden ser consultadas na páxina web do concello, na pestaña “Ensino” no apartado “bases ensino” ou clickando directamente nesta ligazón https://ponteareas.gal/servizos/ensino/bases-ensino/

Tamén estarán publicadas no taboleiro de anuncios no andar baixo da casa do concello e na páxina web do conservatorio municipal http://conservatorio.ponteareas.gal/2019/07/09/bases-director/