Publicadas as axudas de 20.000€ para entidades sociais e colectivos veciñais

O Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publica hoxe dúas axudas do concello de Ponteareas, unha para entidades sociais e outra para colectivos veciñais para axudar no financiamento de pequenas obras comunitarias cun valor total das dúas de 20.000€.

Para ámbalas dúas convocatorias os interesados e interesadas disporán de quince días naturais para tramitalas rematando o prazo o 13 de decembro de 2018.

O goberno de Ponteareas amosa unha vez máis o seu apoio á veciñanza con dúas partidas de subvencións destinadas a axudar na financiación das iniciativas da cidadanía. 

As bases de axudas para colectivos sociais (asoc. veciñais, asoc. Culturais e comunidades de montes) contan cunha partida de 10.000€ e teñen por obxecto contribuir na mellora da calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal. A axuda económica que se realizará poderá acadar ata un 80% do investimento realizado.

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os que a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles vinculados a acadar una eficaz prestación dos servizos de interese veciñal análogos aos encadrados como servizos básicos municipais na lexislación de réxime local e mellora da vida local no Concello Ponteareas, incluídos os camiños veciñais, levadas de regadío comunitario e dos espacios comúns en fontes, muíños, lavadoiros, cemiterios, etc

Por outro lado, as bases para entidades sociais contan cun total de 10.000€ para o apoio das entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan programas para promover o benestar social da cidadanía do Concello de Ponteareas, a través de accións ou ac tividades de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da par cipación cidadá, igualdade de oportunidades entre homes e mulleres…etc., todas elas dentro do ámbito de intervención das Concellarías de Servizos Sociais e de Benestar Social e Igualdade, e que se realicen durante o ano 2018.

O goberno quere respaldar estas entidades para que acaden os obxectivos, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade.

Subvencionarase as accións das entidades sociais levadas a cabo no presente ano 2018 (realizadas a par r do 1/1/2018) tendentes a impulsar actividades destinadas a persoas maiores, persoas con diversidade funcional, persoas con algunha adicción, etc, en xeral a inserción na sociedade de colec vos desfavorecidos e o fomento da igualdade.

As bases poden consultarse na páxina web do concello na pestaña axuda e subvencións https://ponteareas.gal/axudas-subvencions/