“Psicomotricidade e xogos” na escola infantil de Ponteareas

PRENSAPor iniciativa da Concellería de Servizos Sociais-Atención Primaria, que dirixe Marisol Valado, ven de desenvolverse na Escola Infantil de Ponteareas un “Obradoiro de Psicomotricidade e Xogos”, no que participaron os alumnos do 3º nivel, con idades comprendidas entre os dous e tres anos, así como os pais e nais.

“Esta actividade prantéxase como resposta a necesidade de extender e afianzar a colaboración directa entre as familias e a escola, unida á necesidade dos nenos de compartir as propias vivencias cos seus pais”, subliña Valado.

Hasta este  obradoiro, que se desenvolveu entre o cinco e o sete de maio, acercáronse  o alcalde, Salvador González Solla, xunto a concelleira Valado e o concelleiro de seguridade cidadá, Jesús Fernández, ademáis dos pais e nais dos nenos. Impartido polo  persoal técnico da Escola Infantil,  puideron coñecer as actividades que os nenos e nenas fan  na escola, participando nelas e logrando deste xeito a aproximación entre escola e  familias, disfrutando do xogo e da actividade común; disfrutaron dun variado repertorio de xogos que se levaron a cabo como: saída facendo un tren, carreiras dun adulto cun neno facendo quendas, carreira de triciclos ou corre-pasiños, taboa de psicomotricidade con cancións, rodas e corros, baile no parque interior con música  e imaxe de Dvd, para rematar co reparto de caramelos a todos os participantes.