DECLARACIÓN INSTITUCIONAL LGTBI

Hai xa 30 anos, a Organización Mundial da Saúde suprimiu finalmente a homosexualidade da súa listaxe de enfermidades mentais, feito co que se pretendía acabar con case un século de homofobia médica e discriminación contra as persoas LGBT.

Porén, a pesar das innegábeis mellorías desde entón, a realidade internacional para o colectivo LGTB non mudou substancialmente ao redor do mundo e as persoas LGBT seguen a padecer discriminación pola súa orientación sexual e/ou identidade de xénero tamén na Galiza.

É importante sinalar que o período de confinamento imposto para frear a pandemia da COVID-19 puido ter como consecuencia o empeoramento da situación de moitas persoas LGBT o persoas ao se veren, en moitos casos, se ven obrigadas a voltaren para a casa onde podían padecer a LGBTfobia familiar, cortadas da súa rede de apoio habitual, forzadas a se pecharen de novo no armario por medo ao rexeitamento e mesmo à violencia, tanto física como verbal.

Así, o risco de crear ou agravar problemas de saúde mental nova que implica a situación de illamento que trae consigo o confinamento, exacerbado pola dificuldade ou mesmo a imposibilidade de poder consultar cun/ha profesional durante este período dilatado, veríase agravado aínda máis dentro do colectivo LGBTfobia, xa de por máis vulnerábel a este tipo e problemas debido á discriminación que sofre.

Por culpa da pandemia, este ano non van poder ter lugar as marchas e manifestacións do Orgullo LGBT, cando menos do xeito habitual. Xustamente, por esta mesma razón é imperativo seguirmos a visibilizar os obstáculos e as discriminacións que continúan a asolar a vida das persoas LGBT e pórmos ao seu dispor todas as ferramentas precisas para axudalas a superaren, na medida do posíbel, as consecuencias da LGBTfobia.

Resulta, pois, máis urxente do nunca aproveitar o mes do Orgullo, e concretamente o Día Internacional do Orgullo LGTB que se celebra cada 28 de xuño, para reivindicarmos a necesidade da visibilidade das persoas LGBT como parte integral da nosa sociedade e para demandarmos unha maior atención sobre a necesidade de traballar contra a discriminación. 

A homofobia e a transfobia son dúas formas de discriminación que non deben ter cabida nos nosos pobos e cidades, nin en ningún ámbito da nosa sociedade, por atentaren contra a convivencia, o respecto para a diferenza e a diversidade, piares básicos que deben sustentar calquera sociedade democrática e plural.

Este ano o Orgullo Estatal esta dirixido á loita pola igualdade das mulleres LBT co eslogan “2020, Mulleres LTB: Sororidade e Feminismo”. E é que dentro do colectivo LGTBI as mulleres son as grandes invisibilizadas e nalgúns casos, ata esquecidas.

No informe A Cara oculta da violencia cara ao colectivo LGTBI, indícase que o 72% das vítimas rexistradas de violencia por orientación sexual contra o noso colectivo foron homes gays fronte a un 21 % de mulleres lesbianas, e un 2% de persoas bisexuais. E é que, de acordo con Violeta Assiego “os homes gays están máis recoñecidos e séntense lexitimados a denunciar”. Como explica a ILGA; “unha das primeiras demandas dos homes homosexuais foi a visibilidade, o recoñecemento de figúraa gay… e lográrono. Pero no caso das mulleres lesbianas hai aínda unha intención social de invisibilizar … parece que sexan pantasmas”. Así mesmo, as mulleres transexuais tamén son presas da discriminación e a desigualdade, atendendo especialmente á dificultade por incorporarse ao mercado laboral.

Non debemos permitir que se borre da Memoria Histórica do activismo LGTBI a todas as mulleres Lesbianas, Transexuais e Bisexuais que durante tanto tempo loitaron man a man cos seus compañeiros para conseguir unha sociedade na que todas as persoas LGTBI tivesen dereitos e igualdade real.

As mulleres que se reivindican subverten a orde do sistema; porque somos a maioría social, pero non formamos parte da maioría dominante.

Por todo iso solicitamos e instamos ao seguinte:

Sigamos mellorando e implantando o Plan de convivencia escolar para a igualdade de trato para as persoas LGTBI.

Traballemos na nova realidade que nos trouxo a pandemia do COVID-19 para construír unha sociedade máis libre e igualitaria.

Solicitamos ao Rexistro Civil que se suprima o requisito discriminatorio cara ás parellas de mulleres, que deben estar casadas para inscribir aos nados.

Reivindicamos a aprobación da Lei Estatal LGTBI que recolla as reivindicacións históricas de todo o colectivo, da Lei Integral de Igualdade de Trato e Non Discriminación, a Lei Estatal LGTBI, así como unha normativa específica contra Delitos de Odio.

Instamos ás distintas institucións públicas e privadas a romper cos estereotipos que acompañan ás mulleres bisexuais, lesbianas e transexuais.

Esiximos impulsar a formación e especialización das mulleres transexuais para evitar que sigan sendo prostituídas.

Solicitamos a creación de protocolos específicos nos servizos de xinecoloxía e obstetricia para a atención das mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais así como a implantación de campañas de prevención en materia de saúde sexual para mulleres que manteñen relacións sexuais con outras mulleres.

A Corporación Municipal do Concello de Ponteareas recoñece explícita e públicamente que os dereitos das persoas LGTB son dereitos humanos e que a diversidade sexual debe contemplarse como un dereito básico en calquera ámbito da vida.