Programación Entroido 2014

entroido 2014FEBREIRO

Martes, día  25

  • 16:30 h: Obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na  Axencia  de  Lectura  de  Xinzo.
  • 18:30 h: Obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na  Axencia  de  Lectura  de  Guillade.

Mércores, día  26

  • 16:30 h: Obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na  Axencia  de  Lectura  de Areas.

Xoves, día  27

  • 16:30 h: Obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na  Axencia  de  Lectura  de Ribadetea.
  • 18:00 h: Obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na  Biblioteca Municipal de  Ponteareas.

Venres, día 28

  • 17:00 h: Cine  no Auditorio Reveriano Soutullo coa proxección da  película  LOS CROODS.

MARZO

Sábado, día 01

  • CONCURSO DE DISFRACES DE MAIORES  na Praza Maior. Inscrición  na  mesma  praza.

Premios: Unha  fin  de  semana nunha  casa de  turismo  rural de Ponteareas ou  arredores  en réxime de  aloxamento e almorzo; unha fin  de semana nun hotel en réxime  de  aloxamento e almorzo;  unha  cea  para  dúas persoas nun  restaurante da localidade.

  • A  partir  das  19:30 h,  animación e música.
  • Ás 20:30 h,  concurso de disfraces de maiores.
  • 23:00 h.  entrega de premios do concurso e fin de festa.

Domingo, día 02

  • 17:00 h: CONCURSO DE COMPARSAS.  Saída do desfile dende a Casa do Concello,  percorrendo  as  rúas: Avda. da Constitución,  Praza de Bugallal,  rúa  de  Oriente,  Praza  Maior,  rúa da Esperanza, Praza  de  Bugallal,   rúa  de  Oriente  e  remate  na   Praza Maior  coa   lectura de coplas.

Para máis información consultar as bases do concurso na páxina web do Concello de Ponteareas.

Luns, día 03

  • 17:30 h: CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES  na Praza Maior. Inscrición na  praza  a partir das 17:00 h.

1º- premio,  unha  bicicleta;  2º- premio,  unha tablet; 3º- premio, un mp4;  4º- premio,  un mp3;

5º-  premio,  un quebracabezas.

Animación coa participación de varias mascotas.

Martes, día 04

  • 17:00 h: Cine  no Auditorio Reveriano Soutullo coa proxección da  película EPIC: El Mundo Secreto.
  • 20:00 h: Desfile de comparsas, lectura de coplas na Praza Maior e, para  rematar, entrega  de  premios.
  • 22:00 h: Para rematar, gran  chocolatada  na  Praza  Maior.

Mércores, día 05

  • 17:00 h: Cine  no Auditorio Reveriano Soutullo coa proxección da  película  TURBO.
  • 20:00 h: Velorio da sardiña  no Centro Artístico Sportivo.
  • 20:30 h: ENTERRO DA SARDIÑA. Saída do Centro  Artístico  Sportivo e  remate  na  Praza   Maior.