A programación do Corpus do 21 ao 30 de maio abrangue unha oferta para todos os público

As actividades  programadas teñen como obxecto atender a demanda de lecer, así como promover o comercio e a hostalería local: concertos, teatro, poesía, arte floral, ciencia, relixión, exposicións ou deportes.

Destacan as actuacións musicais da Orquestra da Cámara Galega, de Luar na Lubre e a orquestra Panorama e a exposición sobre a historia do Corpus no Mercado Municipal

CorpusAlcalde

A lectura do pregón, como cada ano, será o que marque o inicio da programación oficial do Corpus Christi en Ponteareas.  O sábado 21 de maio ás 21.00 no auditorio municipal Reveriano Soutullo o xornalista da RTVE Roi Groba honrará ás festas co seu discurso inaugural. O xornalista ponteareán de 35 anos, actualmente presentador da sección deportiva nos informativos matinais, conta xa cunha longa traxectoria na radio televisión pública estatal. O acto estará seguido por un concerto da Orquestra de Cámara Galega, dirixida polo director ponteareán Rogelio Groba Otero.

Durante a semana do Corpus haberá diferentes eventos e actuacións entre os que estacan o domingo 22 o recital poético e musical a cargo do pianista Alejo Amoedo e a mezzosoprano Iria Cuevas no auditorio acollerá ás 20.00 horas; o martes 24, o grupo de gaitas Os Muíños da Oliveira pasearán polas rúas da vila do Tea sobre as 21.30 horas; o mércores 25, a Banda de Música do Conservatorio Reveriano Soutullo fará un concerto no auditorio homónimo, e o grupo de gaitas San Salvador de Padrón, despois, ás 21.30 h. amenizarán o serán nas rúas aos veciños e veciñas de Ponteareas; así coma o xoves 26, o grupo de gaitas Naiama seguirán coa animación as rúas a partir das 21.30 h.

O venres 27, un cumio de expertos en medio ambiente e saúde terá lugar no auditorio municipal entre as 10.00 e as 20.00 horas, coordinado polo profesor doutor Francisco Peña. No remate do día recibirá o entrega do título de fillo predilecto que será declarado fillo predilecto de Ponteareas ás 20.30 h, no mesmo lugar, amenizado cun concerto da soprano Terese Novoa e o pianista Pablo Rodríguez.

O sábado 28 a partir das 16.00 darase comezo á confección das tradicionais alfombras florais nos diferentes barrios da vila. Ás 22.00 h inaugurarase a exposición cun percorrido pola historia das alfombras, os materiais e o deseño no Mercado Municipal, aberto a todo o publico ata o 30.

O xornada do 29, día do Corpus Christi, comezará coa actuación  da banda de música A Unión de Guláns ás 11.00 h diante da Casa do Concello, estrea da peza A Marcha das Flores, do compositor e fillo predilecto Rogelio Groba Groba. Deseguido, ás 11.30 h, realizarase a misa solemne cantada pola Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo, que finalizará coa procesión acompañada da banda A Unión. Pola tarde, haberá tempo para o desfile de carrozas coa banda de gaitas Tremiñado de Ponteareas ás 19.30. A partir das 21.30, nunha primeira sesión, e as 23.30, nunha segunda, a orquestra Paladium amenizará as festas do Corpus na praza Bugallal

Luar na LubreCorpusProgramacion

Subirán ao escenario ás 22.30 da Praza Maior o grupo de folk Luar na Lubre, no que é o concerto máis importante destas festas. Con máis de 30 anos de traxectoria, o conxunto coruñés estará presentando o seu último traballo Extra Mundi, duodécimo disco en estudio e primeiro con Paula Rey nas voces, no que volven a recoller e adaptar temas da música de raíces galegas.

O luns 30, festivo local, centrarase na homenaxe aos alfombristas finados cunha misa ás 18.30 h na igrexa parroquial e unha posterior ofrenda floral no monumento ao alfombrista ás 20.00 h. A continuación, realizarase o acto de entrega de medallas Corpus Christi ás 20.30 h. Para rematar os festexos, a orquestra Panorama presentará o seu espectáculo de música, baile e luces na Praza Maior ás 21.30 h.

Actividades deportivas, exposicións e obradoiros

A maiores da festa, tamén haberá actividades paralelas tanto deportivas coma culturais. O domingo 22 ás 10.00 horas terá lugar a Festa da bicicleta que recorrerá as parroquias e o centro de Ponteareas. O sábado 28 desenvolverase de 9.00 a 14.30 h o Campionato Provincial de Bádminton Escolar.

Amais da exposición do Corpus no Mercado Municipal, haberá unha exposición do 22 ao 30 de maio sobre pintura dos Penedos da Picaraña de Patri Skinner no auditorio Reveriano Soutullo; e outra exhibición sobre reloxos antigos de Sechu Suárez e esculturas elaboradas con material de reciclaxe de Héctor Rodríguez no edificio da antiga ferretería Mariño na rúa Esperanza do 26 ao 31. Na Praza Maior tamén se poderá observar os cadros ao óleo da academia de pintura IRIS do 28 ao 30.

Con este programa, o Goberno de Ponteareas considera que “estas actividades, complementarias á festa, amais de goce para os turistas e veciños en xeral, irán en favor da promoción do comercio local e a hostalería, tan necesitada de estímulos nestes tempos de crise”.