Prevencion de riscos laborais no CDL de Ponteareas

DSC01496O CDL de Ponteareas, ven de iniciar unha nova acción formativa de Prevención de Riscos Laborais.

Trátase de unha edición presencial de nivel básico, cunha duración de 35 horas, e destinada a calquer persoa interesada do municipio ou da comarca.

Este tipo de accións, enmarcanse dentro dos obxectivos que a concellería de emprego dirixida por  Marisol Valado, estableceu para este ano e entre os que se atopa, o facilitar aos traballadores ou desempregados, o acceso a formación básica e xenérica, necesaria para calquer posto de traballo.

O número de participantes nesta edición é de doce e o longo das xornadas trataranse temas, que van, dende o marco normativo, ata as emerxencias e primerios auxilios, pasando por os factores de risco, accidentes de traballo ou elementos básicos da xestión dos riscos laborais. Para completar a formación, os asistentes, farán prácticas de primeiros auxilios co moneco de RCP e material específico e o final do curso recibirán o diploma acreditativo

A concelleira Balado suliña, que no CDL impartiranse novas edicións desta acción formativa, e doutras áreas como a formación básica para obtención do carné de manipulador de alimentos, polo que calquer persoa, que esté interesada deberá poñerse en contacto co CDL, ben persoalmente ou chamando ao 986 66 10 50.