Presentado o V Open de Tenis Vila do Corpus

la fotoO alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa e o presidente do Club de Tenis Ponteareas, Manuel Regueira, presentaron o “V Open de Tenis Vila do Corpus” que se desenvolverá nas pistas da Freixa e do Reiro dende o sábado día 14 de xuño ata o domingo día 29 de xuño.
As categorías dos participantes son as seguintes; cadete, senior, veteranos masculino e senior femenino.
Os partidos, disputaranse os sábados e domingos do mes de xuño (1, 2, 8, 9, 15, 16, 22 e 23).
Na presentación, o alcalde daba conta da importancia dun torneo “incluído no calendario da Federación Española de Tenis e que, cada ano, conta cun maior número de participantes chegados de todos os puntos de Galicia”.

Para mais información telf 630188066