Presentación do vídeo do Concerto do Conservatorio Reveriano Soutullo co gallo do décimo aniversario da Fundación Reveriano Soutullo Otero

O concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, xunto coa presidenta da Fundación Reveriano Soutullo Otero, Rosa Mª. Arija Soutullo, e o director do Conservatorio de Música Reveriano Soutullo, Rafael Pérez Dopeso, presentaron estes días o vídeo que recolle o concerto organizado polo citado conservatorio e a Fundación Reveriano Soutullo como homenaxe ao insigne compositor ponteareán e co gallo do décimo aniversario da Fundación Reveriano Soutullo, coincidindo coa celebración da patroa dos músicos Santa Icía.

Vídeo concerto do ConservatorioEste concerto xirou maioritariamente arredor da música do insigne compositor ponteareán Reveriano Soutullo, ademais de interpretarse tamén obras doutro pontearán ilustre, o mestre Groba, presente no acto, do cal se interpretaron e cantaron varias pezas da súa autoría. Participaron neste concerto os alumnos e Banda do Conservatorio Reveriano Soutullo, ademais da Coral do Centro Artístico Sportivo, o Obradoiro Vocal A Vila e  os alumnos do Centro de Música Moderna CDM de Ponteareas. Xunto a eles contouse tamén coa interpretación maxistral da mezzosoprano Iria Cuevas e o pianista  Alejo Amoedo Carrera.

Segundo palabras do edil de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, este concerto que recolle o vídeo é unha aposta pola difusión do noso patrimonio cultural e musical así como de difusión e recoñecemento do traballo levado a cabo polos alumnos do Conservatorio de Música Reveriano Soutullo, do Centro de Música Moderna, e do bo facer de agrupacións musicais ponteareás de prestixio como a Coral do Centro Artístico Sportivo e o Obradoiro Vocal A Vila, xunto a intérpretes recoñecidos como Alejo Amoedo e Iria Cuevas.

As persoas que desexen máis información, poden dirixirse á Fundación Reveriano Soutullo Otero.