Presentación do VI Premio de Investigación Fermín Bouza Brey

Foto VII

Este xoves, 20 de febreiro, ás 11:00 h. no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, tivo lugar a presentación do VI Premio de Investigación Fermín Bouza Brey. A este acto asistiron o alcalde de Ponteareas, Salvador Gonzalez Solla e o concelleiro de Cultura Andrés Sampedro Fernández.

Este premio, que está dotado con 3.000 euros, lembra o nacemento na vila de Ponteareas do ilustre poeta e polígrafo D. Fermín Bouza Brey.

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro  Fernández, aposta por promover a investigación científica sobre Ponteareas e a comarca do Condado. Ademais hai que ter en conta que premios desta temática quedan moi poucos en Galicia.

O prazo  para presentar os proxectos de investigación remata o 30 de abril de 2014.

Para calquera información, os interesados poden dirixirse ao Museo Municipal de Ponteareas, rúa A Perillana 9/11 – 36860 Ponteareas,  chamando ao número de  teléfono  672 105 468 ou no seguinte enderezo electrónico: bibliotecamuseo@ponteareas.es