Presentación das actividades para 2014 dos “Caminhantes do Condado”

presentación caminhantesNo día de onte presentáronse, no salón de actos da Casa do Concello, as actividades que o club “Os caminhantes do Condado” levarán a cabo ao longo deste ano 2014. Estiveron presentes o alcalde Ponteareas, Salvador González Solla e o concelleiro de deportes, Alberto Novoa.

Para o presente ano, este club ten xa programadas máis de 50 actividades, dentro das cales se inclúen cursos de iniciación para descubrir as modalidades deportivas que practican: andainas, carreiras de montaña, escalada, barranquismo, espeleoloxía e montañismo.

Estas saídas levaranse a cabo por toda Galicia, incluso algunha fora da nosa comunidade, pero o bloque de andainas céntrase nas comarcas do Condado e A Paradanta.

Dende o club destacan que as actividades están abertas a todo o que queira participar e aprender cómo son os deportes de montaña. Para máis información, poden visitar a súa web: https://sites.google.com/site/oscaminhantesdocondado/