Premios ao uso do transporte público e ao mellor escaparate navideño

PRENSA (1)Pasaxeiros do transporte público de Ponteareas, en concreto do taxi, recibiron das mans dos representantes do sector do taxi, Luis Álvarez e Germán Villar, e da presidenta da Asociación Comercial Tea, Lina Limeres, acompañados pola concelleira de Comercio, Marisol Valado, a recompensa por usar este medio de transporte, grazas á campaña ideada pola Asociaciación Comercial Tea, o Concello de Ponteareas e a Asociación de Taxistas de Ponteareas, coa que, baixo o lema “Usar o transporte público en Ponteareas ten premio”, pretende agradecerlles aos veciños o uso deste servizo público. Así durante as datas do Nadal os usuarios recibían unha papeleta que, unha vez cuberta, lles permitiu participar no sorteo de tres premios, doados polos comercios asociados, e que recaeron en usuarios da parada da rúa Darío Bugallal, praza de Bugallal e da rúa Doutor Fernández Vega.

Esta campaña innovadora posta en marcha este ano por primeira vez foi froito da colaboración e apoio entre os diferentes sectores empresariais, que se xuntan e aunan esforzos para, entre todos, pór en marcha medidas que redunden en beneficio de todos, contando sempre coa colaboración do Concello de Ponteareas, a través da área de comercio que dirixe a edil Marisol Valado.

Xunto a estes premios, a presidenta dos comerciantes da Asociación ‘Tea’, xunto á edil de Comercio entregaron tamén o premio aos dous establecementos que luciron os mellors escaparates decorados e ambientados con motivos de Nadal e no que se valoraba, entre outros aspectos, a iluminación, a exposición dos seus produtos, ou a orixinalidade. O primeiro premio foi para a floristería Bonsai, en rúa Castelao e o segungo para Boutique Geli, na Praza Maior.

Optaban a este recoñecemento tanto os establecementos comerciais como de hostalería do municipio, fosen ou non asociados á Asociación Comercial Tea. Para dilucidar o establecemento merecedor de recibir o premio ao mellor escaparate, seleccionouse un xurado formado por persoas alleas ao municipio, que percorreron as rúas ponteareás durante todo o Nadal para determinar cal de todos é o que mellor plasmou esta ambientación de Nadal.

A edil de Comercio salienta a importancia da convocatoria deste premio que tiña como obxectivo animar a todos os establecementos a lucir unha decoración acorde coas datas de Nadal e que, ademais de incentivar o comercio, formaría parte do ambiente de ilusión propio destas festas, amosando unha vila atractiva e moderna, na que gusta comprar.

Ademais de estas campañas, a Asociación Comercial Tea en colaboración tamén co Concello de Ponteareas puxo en marcha durante o Nadal outra campaña de fidelización dos clientes do comercio local, baixo o lema “As túas compras navideñas teñen premio”, entregando en pasadas datas máis de 40 premios.