A Praza e Fonte do Baratillo de Ponteareas amosan un aspecto renovado

Copia de Fonte do BaratilloA Praza e Fonte do Baratillo amosan o seu aspecto renovado despois de que se acometesen traballos de adecuación e recuperación deste espazo e fonte pública, levándose a cabo durante varios meses traballos de restauración e ornato da Fonte e Praza do Baratillo, dentro das actuacións do “Plan de Obras e Servizos Provinciais”, do ano 2013, da Deputación Provincial de Pontevedra e na que se investiron un total de de 49,256,10 euros. Segundo manifesta o rexedor ponteareán, Salvador González Solla, as obras de restauración e adecuación deste espazo vén completar o proxecto de adecuación e recuperación de tres fontes emblemáticas da vila, como foi a remodelación da Fonte da Calle de Abaixo e da Fonte da Fama, obras acometidas polo Concello estes anos e coas cales o goberno local quere recuperar e revalorizar aqueles espazos públicos de especial importancia e que forman parte do patrimonio histórico, artístico e cultural do municipio.

Para a adecuación e recuperación da Praza e Fonte do Baratillo, construcción singular, recollida no inventario de Bens do Patrimonio Cultural de Ponteareas, acometéronse obras sobre unha superficie aproximada de 350 m2, procedendo á limpeza das hedras que cubrían todo o conxunto e que ocultaban o magnífico traballo de cantería da fonte, así como o corte e limpeza da maleza que cubría o muro de contención. Xunto a estas obras de limpeza, leváronse a cabo obras de encintado e restauración da pedra do muro, así como a limpeza dos paramentos de granito da fonte ou a restauración das xuntas, entre outras. Ademais, leváronse a cabo obras encamiñadas á seguridade, como foi a colocación dun pasamáns adosado ao muro para facilitarlles as persoas maiores o acceso á fonte, debido ao pronunciado desnivel existente ou a construción dunha beirarrúa. Todas estas modificacións completáronse coa creación dun espazo axardinado con arbustos e prantas que completará o ornato e embelecerá este espazo tan representativo de Ponteareas.