Ponteareas volve a triunfar en La Orotava coa arte alfombreira

Unha delegación do tramo da Fonte do Baratillo, acompañada polo alcalde Xosé Represas, o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, membros da asociación Amigos de La Orotava e os gaiteiros da agrupación Algazara de Celeiros.

IMG-20160603-WA0003Dende 1984 está irmandada coa vila de La Orotava. Igual que noutros anos, amais da delegación oficial, sumáronse veciños e veciñas, que correron cos seus gastos, co obxectivo de honrar as festas da Octava do Corpus Christi, e as súas alfombras de area volcánica e flores, en correspondencia coa visita que os orotavenses fan todos os anos ao Corpus de Ponteareas.

Os encargados do deseño e preparación do alfombra de flores de Ponteareas deste ano en La Orotava correspondeulle ao tramo da Fonte do Baratillo na rúa Fernández Vega. Crearon unha alfombra floral típica de Ponteareas, con motivos xeométricos, de 50 metros cadrados, indicando a irmandade das vilas. No alfombrado usaron “coca” de eucalipto, mimosa e outros recursos naturais que non existen na illa de Tenerife.

IMG-20160603-WA0002

“A representación artística en La Orotava foi admirada por milleiros de visitantes dende o seu inicio, durante o seu proceso de elaboración ata a saída da procesión a última hora da tarde do pasado xoves”, segundo manifestou o alcalde Xosé Represas.

Nesta semana máis de trinta ponteareáns participan nos diferentes actos de irmandade que comezaron coa confección da alfombra.