Ponteareas vista dende os fogares. Apúntaste?

A concellería de Cultura a través da biblioteca pública municipal convida a coñecer Ponteareas vista dende as fiestras de cada un das veciñas e dos veciños de todo o concello.

Todos e todas xuntas amosaremos Ponteareas ao mundo capturando dende os nosos fogares vistas rurais e instantáneas urbanas que serán compartidas nas redes sociais twitter @visitponteareas e facebook culturaeturismoponteareas

Participar é tan sinxelo como enviar unha fotografía ao número de whatsup 618 705 635 ou por correo electrónico a departamentocultura@ponteareas.es

Cada participante poderá achegar un máximo de 3 fotografías nas que non se identifiquen persoas que serán difundidas nas redes sociais co nome do autor ou autora.