Ponteareas terá, ruta de pinchos “sabores de outono”

Q55A2301Co verán rematado e as festas do Nadal, no punto de mira, temos ante nós un período outonal que vai ofrecer moitas e moi agradábeis sorpresas.

A Asociación de Hostalaría e Turismo do Condado en colaboración coa concellería de comercio do concello de Ponteareas,  volve pórse mans á obra e prepara para este tramo final do mes de novembro unha “ruta de pinchos” que vai dar renda solta aos moi variados e máis emblemáticos sabores do outono, polo que onte tivo lugar a presentación, no salón de actos da casa consistorial, a edición 2014 de “Sabores de Outono”, unha iniciativa que conta tamén co patrocinio de as adegas Alcorta, Regina Viarum e Pazo de Villarei.

O acto asistiron, o presidente de Asociación de Hostaleiros, Isidoro Pino, o alcalde Salavador González e a concelleira de comercio Marisol Valado, acompañados por membros da asociación e das empresas patrocinadoras.

Os ponteareáns teñen nos bares e restaurantes da súa vila adscritos á asociación, durante os 21, 22, 28 e 29 de novembro, unha cita á que non poden faltar. Neles, poderán degustar os pinchos, dunha ruta moi apegada ao outono e a todos os sabores que o acompañan: carrilleira ibérica con crema de castañas, xabaril con castañas, secreto de porco con pimentos, hamburguesa de cervo con cebola acaramelada e marmelada, xudías con boletus, setas salteadas con xamón ou orella de porco, poderanse degustar os días do evento, a partir das 20.00 horas.

O prezo dos pinchos será o mesmo e todos os establecementos: tres euros, bebida (caña, refresco ou viño) e pincho. Ademais, nesta ocasión, o pincho vai ter premio. Todos os que se acheguen a degustar algún dos manxares outonais desta ruta de pinchos van a participar nun sorteo de catro premios: o primeiro, unha noite de hotel no balneario Aguas Santas de Pantón con visita ao circuíto termal incluído, así coma á adega Regina Viarum e a unha degustación de viños. O segundo, unha caixa con tres botellas denominación de orixe, o terceiro,  unha cesta de Nadal e o cuarto unha cea para dúas persoas nun dos locais da ruta.

O presidente da Asociación de Hostalaría Isidoro Pino,  destaca que a ruta  se concentrou nestes dous fins de semana para que non coincidira con outras festas.

Pola súa banda, a concelleira Valado, subliñou que “dende o concello apoiamos unha vez mais esta iniciativa, porque contribúe a dinamización da economía local. Contribución que e o reflexo da enerxía e traballo que os hostaleiros lle adican para conquerir o seu éxito”.

O alcalde Solla, destacou  o “gran potencial da hostalería ponteareán fronte a outros municipios da comarca, dado que é unha das mais innovadoras, polo número de iniciativas levadas a cabo o longo do ano e nesta ocasión, saberán sacarlle bo partido aos produtos desta época do ano”.