Ponteareas terá a especialidade do Bacharelato de Artes

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, amosan a súa satisfacción ante a aprobación da implantación da especialidade do bacharelato de Artes, no IES Val do Tea.

Para a concelleira esta noticia supón un avance importante na ampliación da oferta educativa de Ponteareas e responde á grande demanda da comunidade educativa que dende hai moitos anos ten loitado para conseguilo.

Alégrame felicitar ás nais, pais, alumnado, dirección dos centros, ANPAS, FANPO e a toda a comunidade educativa en xeral que tantos folgos e esforzos ten dedicado na solicitude reiterada desta especialidade. Dende a miña concellería mesmo fixemos unha sondaxe que reflectíu unha inquedanza moi relevante que nós sempre apoiamos e que hoxe por fin se materializa nesta resolución”.

Cristina Fernández recoñece tamén o apoio e implicación da inspección de zona para que hoxe esta demanda sexa unha realidade.

Para Fernández Davila é fundamental ofrecer o maior número de estudos posibles e atender sempre ás necesidades do alumnado para que atopen na súa cidade a formación precisa e acadar as súas expectativas laborais e personais.

A concellería de Ensino ofrece a súa colaboración ao centro educativo e á inspección para que esta implantación sexa efectiva no vindeiro curso escolar 2019-2020.