Ponteareas súmase á loita pola igualdade e dignidade das persoas LGTB+

A Corporación Municipal dará lectura ao manifesto consensuado este domingo día 28 de xuña ás 12 horas

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, convida a toda a veciñanza a participar no acto de lectura do manifesto con motivo do día internacional do orgullo LGTBI que terá lugar o vindeiro domingo día 28 de xuño.

As/os diferentes concelleiras e concelleiros darán lectura a un manifesto consensuado por toda a Corporación. O acto será diante da Casa do Concello donde tamén se repartirán postais informativas sobre o día internacional do orgullo LGTB+(lesbianas, gay, bisexual e transexual).

Ponteareas súmase á loita pola igualdade e dignidade destas persoas e implicará aos e ás presentes nas accións de reivindicación mediante a entrega destas postais que poderán ser enviadas difundindo a mensaxe e multiplicándoa aló donde cheguen.

Ademais, a Concellería de Vías, Obras e Alumeado que dirixe Chus Garrote, iluminará toda a fin de semana a Casa do Concello coas cores oficiais da bandeira.

A día de hoxe aínda existen países no mundo donde a diversidade sexual está perseguida e criminalizada por parte das leis, das autoridades e mesmo da sociedade. Debemos seguir loitando pola igualdade porque a sociedade aínda está lonxe de aceptar unha situación que xa debería ter sido normalizada hai moito tempo”, explica Verónica Carrera.