Ponteareas súbese á bicicleta esta fin de semana

O Club Ciclista Ponteareas organiza en colaboración coa Concellería de Deportes unha carreira contrarreloxo este sábado día 16 e unha marcha ciclista poopular o domingo día 17.
A carreira contrarreloxo do día 17 terá lugar polo centro urbano cun percorrido de 1 km que sae da Praza Bugallal chegando á rotonda da rúa Castelao no Colexio Virxe dos Remedios e volvendo cara o Concello. Neste percorrido circular competirán dende alevíns ata xuvenís e dependendo da categoría correrán dende dez voltas a vintecinco voltas. Para os ciclistas das escolas haberá unha ginkana na Praza Maior.
Pola súa parte, o domingo día 17 terá lugar a marcha ciclista popular, aberta a tódolos veciños e veciñas a partir das dez da mañá. O punto de saída será a Praza Maior e a organización sorteará agasallos entre os participantes. A marcha ciclista percorrerá doce kms dende Ponteareas a Angoares chegado a Areas para voltar a Ponteareas.
Benito Márquez, concelleiro de Deportes, animou a tódolos veciños e veciñas a achegarse ata estes eventos deportivos e tamén a participar na carreira popular do domingo, e felicitou do mesmo xeito ao Clube Ciclista pola súa boa labor.