Ponteareas solicita reunión urxente coa Xunta para que garanta a seguridade viaria da PO-403

O Alcalde de Ponteareas solicita unha reunión urxente coa Consellería de Infrestruturas da Xunta de Galicia para concretar as actuacións prioritarias que precisa a P-403 dando resposta así ás peticións do goberno e da Corporación municipal que van na mesma liña que as demandas veciñais de Angoares e Moreira ademais da dos ponteareáns que viven nos arredores desta estrada de competencia autonómica como os veciños e veciñas da Avda Castelao.

O goberno de Ponteareas esixe á Xunta de Galicia unha resposta inmediata para garantir a seguridade peoníl neste tramo da PO-403 que cruza o núcleo urbano e unha zona densamente poboada. 

O alcalde, Xosé Represas, ven de solicitar esta reunión urxente coa Conselleira, para que a Xunta concrete as actuacións urxentes de mellora de seguridade para os milleiros de peóns  que a diario utilizan as marxes da estrada PO-403 , nunha zona densamente poboada nas parroquias de Angores e Moreira, así como o tramo que cruza o núcleo urbano na Avenida Castelao. “Agardamos que asuman as súas competencias, é unha estrada da Xunta e é a administración autonómica quen ten que realizar as obras” manifestou Represas engadindo que “estamos a falar de seguridade peonil, da vida das persoas”

“Hai unha serie de actuacións que non son moi costosas e si mellorarían a seguridade peonil, poden realizarse a curto prazo sen necesidade de ocupación de novos terreos, só fai falta vontade política. Iso é o que lle pedirei a Concelleira” Declarou o Alcalde

“É un grave problema que urxe resolver, se a Xunta se nega, os veciños non poden seguir agardando, farémolo dende o goberno municipal”, afirma o Alcalde pero agarda que non sexa preciso chegar a iso porque a Xunta conta con recursos suficientes para realizar estas obras.

 “Xa non se pode agardar máis, logo de vinte anos pedindo un compromiso xa non se pode seguir obviando unha situación de risco tan alta como esta que onte se saldou coa vida dunha persoa”, engade a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández.