Este sábado 8 de maio Ponteareas acolle a primeira das tres etapas que compoñen a V Challenge As Rías Baixas, que organiza o club ciclista “Master da Louriña” e coa que o Concello de Ponteareas colabora.
A proba, de rango estatal, terá lugar na fin de semana do 8 e 9 de maio nos concellos de Ponteareas, Mos e O Porriño. A etapa ponteareá trátase dunha contrarreloxo individual de 8 quilómetros que terá lugar integramente na parroquia de Guláns, con saída e chegada no Parque da Avisoureira dende as 10 h.
Na presentación da proba, o concelleiro de Deportes ponteareán, Miguel Bouzó, puxo en valor “a enorme vinculación de Ponteareas co ciclismo” e agradeceu á organización “que contasen un ano máis coa nosa vila para a celebración dunha proba que chega á súa quinta edición nun momento complicado a nivel social e sanitario, que fai aínda máis valiosa a valentía da organización para enfrontarse a este reto e lograr desenvolver unha proba destas características con toda a seguridade”