Ponteareas, sede do Campionato Galego Xuvenil de Hóckey sobre patíns

 

Celebrarase os días 2 e 3 de abril no pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino

 

Ponteareas, sede do Campionato Galego Xuvenil de Hóckey sobre patínsPonteareas convértese esta fin de semana en sede do Campionato Galego Xuvenil de Hóckey sobre patíns, unha final a catro que permitirá ás e aos ponteareáns gozar de catro interesantísimos encontros este 2 e 3 de abril no pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino.

 

Organizado polo Hoquei Club Ponteareas en colaboración co Concello, o sábado 2 disputarase a semifinal ás 10.00 horas entre o HC Dominicos e o Compañía de María, mentres que ás 12.00 horas será a quenda do encontro entre o Deportivo Liceo e o AC Órdenes.

 

Xa o domingo 3, a tarde arrancará cunha exhibición a partir das 15.00 horas entre categorías inferiores do HC Ponteareas e o Vigo Cíes. Ás 17.00 horas os dous equipos que perderon os encontros a xornada anterior loitarán polo terceiro e cuarto posto, mentres que ás 19.00 horas será a gran final.

 

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, convida “a todas e todos os afeccionados a gozar con estes dous días nos que o hóckey será o gran protagonista en Ponteareas e que nos permitirá unha vez máis reunir na nosa vila a deportistas doutros puntos de Galicia”.