Ponteareas reparte 60.000 euros en subvencións a entidades deportivas

entrega-subvencions-deportivasO Concello de Ponteareas vén de conceder as subvencións a clubes e entidades deportivas do municipio por un importe total de 60.000 euros. Nun acto que tivo lugar este mércores 10 de xuño no Salón de Plenos da Casa do Concello, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, o alcalde ponteareán, Salvador González Solla, e primeira tenente de alcalde, Belén Villar, fixeron entrega dunha resolución a cada unha das entidades na que se especifica a cantidade que percibirá cada unha delas nos vindeiros días.

Estas subvencións están destinadas a entidades deportivas sen ánimo de lucro e teñen como obxectivo apoiar a estas asociación no mantemento de instalacións, se as teñen, na organización de eventos e nas actividades derivadas da súa participación en competicións comarcais, provinciais, autonómicas ou nacionais que teñan lugar durante o curso deportivo 2014/2015.

O goberno local manifesta deste xeito o seu firme compromiso na promoción e na axuda ao deporte local en todas as súas variantes. Un total de 19 clubes de 10 modalidades deportivas diferentes se verán beneficiadas destas subvencións.