Ponteareas proxectará de marzo a decembro oito películas gañadoras e finalistas dos premios Mestre Mateo

O Concello formará parte do ciclo “Mestre Mateo” que organizan a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra

 

O Concello de Ponteareas formará parte do ciclo “Mestre Mateo” que organizan a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra. Esta actividade traerá á vila do Tea as películas gañadoras e finalistas nos premios do cinema galego este ano de maneira totalmente gratuíta. O Concello proxectará cada mes, dende marzo, agás en xullo e agosto, ata decembro, as oito películas que compiten polos galardóns. 

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, destaca que “é unha gran nova para Ponteareas poder formar parte deste ciclo”, xa que, en palabras do edil, “poderemos gozar en exclusiva e totalmente de balde das mellores películas galegas do último ano”, feito que permitirá “achegar o noso audiovisual, o noso idioma e a nosa cultura á veciñanza”. 

 

O edil tamén quere agradecer á Deputación de Pontevedra e á Academia a posta en marcha deste ciclo na provincia e conclúe que desta maneira “as cintas premiadas nos galardóns poderán chegar a todos e todas as ponteareáns que queiran desfrutar dun cine de calidade en galego”.