Ponteareas programa unha sesión de Cine na Rúa no Parque da Perillana

O Concello proxectará este xoves ás 22.00 horas a película “Bella e o circo máxico” no Parque da Perillana

O cine volve a Ponteareas este xoves 18 coa proxección da película “Bella e o circo máxico” no Parque da Perillana ás 22.00 horas. O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, convida á veciñanza a acudir a esta proxección dirixida a todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia e lembra que o acceso é libre e de balde.

“Bella e o circo máxico” conta a historia de dous mellores amigos inseparables: Bella e Henry. Ámbolos dous teñen a idea de montar un espectáculo circense, onde Bella será a protagonista e Henry o seu indispensable axudante. O problema chega cando aparece Jonnhy, un mozo novo que é novo no pobo e que ten con xoguetes e obxectos totalmente novidosos, que eclipsarán a Bella e deixarán nun segundo plano a Henry.