O alcalde de Ponteareas e a concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, estarán mañá, venres, en Fitur presentando a Festa do Corpus Christi, no estand da Xunta de Galicia, dentro do marco das Festas turísticas de interese Internacional. Represas destacou que ademais das Alfombras do Corpus difundiremos tamén o vídeo turístico de Ponteareas para que quen nos visite polas alfombras de flores se quede máis tempo en Ponteareas coñezan o noso patrimonio cultural e mediombiental e visite tamén o resto da comarca.
A concelleira de Turismo tamén recoñeceu a labor do sector turístico de Ponteareas e comarca que busca adaptarse as demandas dos visitantes, na hostalería e actividades de ocio, “para eles estar presente en Fitur tamén é importante”