Ponteareas presenta o traballo premiado no VII Fermín Bouza Brey

O xoves 13 de setembro terá lugar a presentación do traballo de Lois Ladra premiado no VII premio Fermín Bouza Breye. O evento celebrárase no Salón de Plenos da Casa do Concello de Ponteareas, ás 20:00 h.

Lois Ladra Fernández foi o gañador do VII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey, co seu traballo: “A lamprea nas terras do Condado: Aspectos etnolóxicos da pesca fluvial e artesanal e do patrimonio fluvial o río Tea” .

O Premio de Investigación Fermín Bouza Brey está aberto aos proxectos de investigación científica nos ámbitos da historia, arqueoloxía, etnografía, literatura ou ciencias sociais e que, obligatoriamente, terán que ter como referente o municipio de Ponteareas e, complementariamente, a comarca do Condado. 

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, convida a toda a veciñanza á presentación desta investigación premiada cunha dotación económica de 3.000 €