Ponteareas presenta o programa do Corpus Christi 2018

O goberno de Pontearas presenta o programa das festas de Corpus que arranca este xoves día 24 coa presentación da revista Pregón no salón de plenos ás 20:30 horas. 

Música, animación de rúa e animación infantil, concertos e exposicións son algúns dos elementos que nutren este programa no que a actriz e presentadora Nieves Rodríguez  métese no papel de pregoeira do Corpus Christi 2018 seguida da actuación da Orquestra de Cámara Galega.

A exposición das trinta Meninas realizadas polos centros educativos baixo o título de “Meninas en Flor” abre as súas portas ás 23:30 horas no mercado municipal o sábado día 2.

O domingo a banda de música Reveriano Soutullo actuará ás 10:30 horas diante da casa do concello a santa misa seguida da procesión será ás 11:30h.

As carrozas desfilarán baixo unha batalla floral acompañada da Banda de Gaitas Tremiñado e da novidosa animación da empresa Pablo Méndez que fará unha alegoría á arte floral.

A praza Maior acollerá a actuación da orquestra América a partir das 22 horas e ás 23 horas a actuación do grupo MITIC cos irmáns Álvaro e Suso Costas que nos presentan un novo xeito de entender a gaita galega.

Como cada luns ás 20:00 chegará o momento de homenaxear aos alfombristas que xa non nos acompañan depositando un ramo de flores xunto ao monumento que os recorda. Ás 20:30 horas o auditorio acollerá o acto de entrega de medallas do Corpus Christi cunha homenaxe  especial para a Comisión do Corpus de 1948 formada por Gabino Porto, …. Casasnovas, ….. Salgueiro.  A partir das 22:00 a orquestra París de Noia será a encargada de pechar as festas na Praza Maior.

Animación infantil e de rúa completa a programación con actividades para todos os públicos e para toda a familia.

O Corpus 2018 virá tamén cargado de novidades non só culturais e de lecer se non tamén técnicas porque atendendo ás peticións dos alfombristas, o goberno incrementará os puntos de luz e mellorará a iluminación para facilitar o traballo nocturno de todos e todas as alfombristas. 

108 focos halógenos de 250W máis 50 focos led equivalentes a 250W halogenuros que proporcionan un gran aforro enerxético posibilitarán que as mans que trasladan a arte floral ao pavimento das rúas e prazas traballen con precisión e detalle. 

Sesenta e dous arcos e motivos festivos luminosos adornarán as rúas de Ponteareas para recibir aos visitantes chegados de todos os puntos de Galicia, Portu