Ponteareas presenta en CULTURGAL “Versos de Area”

A concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba convida a todo o público de CULTURGAL a participar na presentación do colectivo ponteareán “Versos de Area” no que intervirán o propio concelleiro, o escritor e xornalista Manrique Fernández e as poetisas Pilar Alonso e Tere Ríos que agasallarán aos presentes un recital.

No marco desta presentación de Ponteareas en CULTURGAL tamén se proxectará un vídeo sobre escritores e escritoras ponteareás. Fernando Groba fai fincapé no obxectivo das dúas concellerías que dirixe, a de Cultura e a de Lingua, en promover as e os nosos creadores en todas os xéneros e artes.

A presentación será ás 12:30 horas no stand da Deputación de Pontevedra.