Ponteareas presenta as súas industriais culturais en CULTURGAL

A concellería de Cultura e Turismo do concello de Ponteareas que dirixe Hortensia Bautista convida a todo os e as asistentes a CULTURGAL a visitar o stand do concello de Ponteareas que estará aberto os tres días de feira (venres 30 de novembro, sábado 1 e domingo 2 de decembro) en horario de 11 a 21 horas.

Neste stand a concellería promocionará os encontros culturais que se celebran durante todo o ano na cidade do Tea, o festival Groba, o Rock in Río Tea, o festival de Teatro Internacional, o concurso de piano Mestre Reveriano Soutullo, o Algazara Danzando entre Culturas, o certame de gaitas do país, os ranchos de reis ou o jazz nas rúas, entre outras moitas iniciativas culturais.

Ademais, publicitarán o traballo das bandas de música, dos coros, dos grupos tradicionais de música e baile e ofrecerán toda esta información tamén no stand da Deputación de Pontevedra que acollerá a presentación do noso concello o sábado ás 18 horas. Donde proxectarán baixo o lema “Ponteareas, unha potencia musical” os vídeos: Ponteareas é música clásica, Ponteareas é jazz, Ponteareas é rock e Ponteareas é tradición

O domingo pola mañá Voces do Arrieiro actuará ás 12:30h no stand de Ponteareas en Culturgal. 

O concello tamén participará nas actividades do proxecto GaliLusofonía.

Unha vez máis Ponteareas terá proxección nesta feira das industrias culturais que se celebra na cidade de Pontevedra e que congrega a milleiros de visitantes de tódalas idades.