O acto terá lugar na Sala de Conferencias do Auditorio Reveriano Soutullo e contará co presenza do Delegado Territorial da Xunta de Galicia
O obradoiro de emprego que se vén desenvolvendo no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas durante os últimos 6 meses e que serviu para que un total de 20 persoas desempregadas se formaran mentres percibían unha asignación económica será oficialmente clausurado mañá, martes, 22 de marzo, na Sala de Conferencias do Auditorio Reveriano Soutullo. O obradoiro contou con dúas especialidades: atención socio sanitaria a persoas no domicilio e deseño de produtos gráficos.
O acto dará comezo ás 11 horas e contará coa presenza do alcalde e responsable de Emprego no Concello, Xosé Represas, doutros membros do goberno local e tamén do Delegado Terrotorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Ademais da mencionada clausura, a cita permitirá presentar unha exposición baseada no traballo elaborado polos alumnos e alumnas da especialidade en deseño de produtos gráficos.