Ponteareas organiza obradoiros infantís na Praza de Abastos o vindeiro sábado 28 á mañá no Día do Mercado

O programa Quere o teu mercado da Xunta de Galicia apoia as actividades para meniños e meniñas no mercado municipal na Rúa Fernández de la Vega entre as 11.00 e as 14.00 horas

 CARTEL QUERE O TEU MERCADOOs máis cativos e cativas poderán participar en tres obradoiros diferentes de globoflexia, chapas e maquillaxe na Praza de Abastos no Día do Mercado organizados polo Concello de Ponteareas co apoio da Xunta de Galicia.

Quere o teu mercado é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, promovida en Galicia pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes co obxectivo de destacar o papel dos mercados nas cidades e potenciar a compra do produto local ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.

Durante a segunda quincena do mes de maio organizaranse actividades en máis de 50 mercados de Galicia distribuidos por todo o territorio, co obxectivo de visualizar, promocionar e activar os mesmos, incentivando a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.

Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.